RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Despois dun longo e raro ano escolar, chegaron as preciadas vacacións.

Un descanso para a mente e o corpo que os nenos precisan con urxencia.

 Non obstante, sería unha pena que perdesen o hábito lector que adquiriron ao longo do curso, ás veces despois dun longo esforzo.

 Esta parada total na lectura pode supoñer un descenso das habilidades lectoras do alumnado e unha perda importante de vocabulario e incluso comprensión lectora. Este feito acentúase en nenos e nenas que aprenden plenamente a ler ou que aínda non teñen suficiente fluidez lectora.

 Así, non podemos deixar caer a garda e debemos seguir animando aos nenos a ler durante o verán. Por sorte, é máis sinxelo do que soa se segues estes consellos e ideas:



A continuación deixámosvos unha serie de recomendacións lectoras para este verán: (clicade nos debuxos para descargar e ver o pdf)



Algúns dos nosos favoritos recomendados polos mestres de AL e PT:

Esperamos que vos gusten e ...


Comentarios