venres, 27 de abril de 2018

RECOMENDACIÓNS LIBROS

Máis recomendacións dos nenos e nenas de 2º A. Esperamos que vos gusten!

Iria Sousa



Telmo Pastoriza


Alejandro Rego


Daniela Vázquez






RECOMENDACIÓNS DE LIBROS

Polo mes de Abril, o alumnado de 2ºA recoméndavos os seguintes títulos, que ademáis son os seus preferidos:

Non volo perdades!!!!
Noa Sánchez

 Antía García

Lucía Núñez


Matías Ramos


Alba Porto


Claudia Casas:

Sofía Cibrán:



Hugo López

Jorge Insua

DÍA DO LIBRO



 
Para festexar o día do libro (23 de abril) o alumnado do colexio Alborada deciciu facer unha xornada de lecturas conxuntas. O alumnado maior acompañou os máis pequenos e baixamos o patio a ler. Foi unha actividade motivadora para todos os nenos e nenas. Aqui tedes algunhas fotos:


















xoves, 19 de abril de 2018

MES DO LIBRO

Coa lectura poderás vivir mil aventuras.



Como todos saberedes, o mes de abril é o mes adicado aos libros. Adicase o día 23 de abril, por ser a data do finamento dos escritores Miguel de Cervantes,William Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616 (aínda que realmente non é así: Cervantes finou o 22 e foi soterrado o 23)…
A fin de dar un impulso a lectura e fomentar a visita a biblioteca do colexio realizanse varias actividades no colexio.

Entre elas xa comezou " Mergúllate nos libros", onde cada semana o alumnado de todo o cole anda na pesquisa de libros que deben averiguar. É un xogo de adiviñas no que gañará a clase que máis resposas correctas teña. Tedes xa os buzóns preparados nos corredores do colexio.

Realizaránse diversas manualidades ( O meu libro favorito) e teremos contacontos o longo do mes.

Ademáis, os maiores continúan coas lecturas de libros relacionados co autismo aos máis pequenos.

Asi mesmo, o 26 de abril realizarase unha actividade de lectura compartida as 11:00 h. Onde os nenos e nenas dos distintos cursos lerán xunto cos máis pequenos no patio do colexio.

E a final de mes, teredes unha sorpresa por parte do alumnado de 2ºA. Espero que disfrutedes deste mes especial.

Deixovos aqui unha serie de recomendacións de libros indispensables:

-Infantil:









1º e 2º de educacion primaria:








3º e 4º educacion primaria:






5º e 6º educacion primaria:



luns, 2 de abril de 2018

DIA INTERNACIONAL DO AUTISMO.2 DE ABRIL

Cada ano, o 2 de abril, decenas de edificios de todo o mundo ilumínanse de azul como mostra da solidaridade co coletivo de persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e as súas familias.

 A nosa torre de Hércules quedou así iluminada:

(foto de C.Pardellas, La opinión A Coruña)

No colexio, os nenos e nenas de 4ºB e os de 6º irán polas aulas lendo distintos contos relacionados co autismo.




 Deixamos aqui o corto de animación "María y yo" de Miguel Gallardo, que o explica moi  ben.


Ademáis tedes aqui outros videos relacionados co autismo. Esperamos que vos gusten!

El Cazo de Lorenzo


Mi hermanito de la Luna

Por cuatro esquinitas de nada



xoves, 22 de marzo de 2018

Novos títulos na biblioteca

Temos títulos novos na biblioteca. Apurade que xa están moi solicitados:


A colección de Formigas:                                          Os Megatoxos de Anxo Fariña:




Os libros da Lechuza detective:                                  E os cómics de Marcopola:



Ademáis unha nova sección: O rincón das revistas:


Xa somos socios de REPORTERO DOC e de NATIONAL GEOGRAFIC KIDS.





mércores, 7 de marzo de 2018

8 de MARZO.Día da Muller traballadora

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta. 

É preciso que os nenos e as nenas, as mozas e os mozos coñezan o mundo no que viven, e recoñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia.
E sobre todo, recoñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.

 Tendes a continuación unha serie de recomendacións para traballar, sempre dende os contos, este tema.

-Colección grande&pequena, editorial Alba:                         












-mujeres:















-Pioneiras, galegas que abriron camiño:


Por suposto, Artur e Clementina:



¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?


E moitos máis que xa tendes a vosa disposición na biblioteca do centro.

Un saudiño