
A manualidade para este ano, a propón Noa Sánchez da aula de 4ºC.
Un marcapáxinas de origami moi faciliño que despois poderedes decorar coma queirades.
Noa, moitas grazas polas túas ideas!!!!!
Aquí tedes o video e unhas cantas ideas para decoralo.
CONTACONTOS dos mestres
Os
libros acompáñannos ao longo das nosas vidas con historias que nos fan
rir, chorar, pasar medo... lecturas que nos levan a tempos mellores ou
nos ensinan o pasado... As lecturas teñen ese poder máxico.
Aínda na distancia, os nosos mestres e mestras, seguen contando contos....
Cada un de nós escolleu un conto para compartir mentras quedamos na casa. Recordando que se achega o DÍA DO LIBRO, esperamos que vos gusten moito os videos.
E como conta a profe Paula repetimos a palabras máxicas, para poder ver os contos:
"Ábrete libro,
deixame ver,
esas historias
que estás a esconder"
Iria conta "A Cebra Camila"
Cada día subiremos 3 videos contados polos mestres.
Esperamos que vos gusten moito!!!!
Comentarios
Publicar un comentario