#EuQuedoNaCasaLendo

Debido a que este ano é moi diferente por causa dapandemia do coronavirus, deixamos aqui varias opcións interactivas para ler, escribir e xogar cos libros:  

https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA/videos 
As asociacións de narradores/as orais Colectivo NOGA e AEDA Narración Oral poñen á nosa disposición contos para ver e escoitar mentres quedamos na casa.





https://galiciaencantada.com/categoria.asp?cat=36É tempo tamen para revisitar a  súa páxina: Galicia encantada. Enciclopedía da fantasía popular de Galicia, especialmente o apartado de XOGOS (diversións, entretementos, enredos, pasatempos, actividades físicas ou mentais tradicionais de Galicia.)  nestes momentos de acougo forzoso.

 e por suposto os contos e cantos de Kalandraka e os filmes dos contos de OQO.

En castelán:

A editorial AZ Editora a través das súas redes sociais e web, ofrecen contidos gratuitos e diferentes cada día, separados por niveis escolares e idades. Dende o sitio diaadiaconvos.az.com.ar poden atoparse propostas de actividades de lectoescritura e grafismos, aptas dende os 5 aos 8 anos e o acceso a unha biblioteca gratuita con máis de 80 audiolibros narrados polos propios autores e autoras, para rapaces e rapazas de 2 a 12.


 Óscar Mora, narrador profesional, guionista e corrector editorial comezará #elcuentodelas12. O conto diario que emite en directo este narrador dende que comezou a corentena naceu para reunir os nenos e nenas da aula da súa filla de 3 anos, pero están invitados todos aqueles que queiran verle,escoitalo e pedirlle contos.


Máis historias para nenos:
-Os contos diarios en YouTube de Marta García

Esperamos que esteades entretidos. Un saúdo!!

Comentarios