
Durante este mes temos programadas un montón de actividades:
LIBROS
VOADORES
Para adornar os corredores do colexio, faremos unha manualidade de libros voadores onde os nenos e nenas poderán facer unha recomendación, completar cun debuxo, o titulo dun libro, unha frase “especial”dalgún libro…..
Estes libros colgaranse nos fíos que están
colgados polos corredores.
Para completar esta actividade recomendamos
ver o corto galardoado co óscar “Los
fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore”
RECOMENDA UN LIBRO!!
Durante as primeiras semanas do mes de abril, gravaranse videorecomendacións na biblioteca que poderedes ver neste blog a partir do día 23 de abril. Esperemos que sexan de utilidade!!!
COMPAÑEIROS LECTORES
E co galo do día do libro, realizarase unha actividade de COMPAÑEIROS LECTORES que se levará a cabo o MÉRCORES 24 de ABRIL .
CAIXAS “ADOPTA UN LIBRO”
Tamén, e durante o terceiro trimestre do curso, os nenos e nenas poderán levar a súa casa libros que atoparán nas caixas douradas co lema ”ADOPTA UN LIBRO”, a fin de seguir co expurgo de libros da biblioteca.
Seguiremos informando!!!
Seguiremos informando!!!
Comentarios
Publicar un comentario