Coa lectura poderás vivir mil aventuras.
Como todos saberedes, o mes de abril é o mes adicado aos libros. Adicase o día 23 de abril, por ser a data do finamento dos escritores Miguel de Cervantes,William Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616 (aínda que realmente non é así: Cervantes finou o 22 e foi soterrado o 23)…
A fin de dar un impulso a lectura e fomentar a visita a biblioteca do colexio realizanse varias actividades no colexio.
Entre elas xa comezou " Mergúllate nos libros", onde cada semana o alumnado de todo o cole anda na pesquisa de libros que deben averiguar. É un xogo de adiviñas no que gañará a clase que máis resposas correctas teña. Tedes xa os buzóns preparados nos corredores do colexio.
Realizaránse diversas manualidades ( O meu libro favorito) e teremos contacontos o longo do mes.
Ademáis, os maiores continúan coas lecturas de libros relacionados co autismo aos máis pequenos.
Asi mesmo, o 26 de abril realizarase unha actividade de lectura compartida as 11:00 h. Onde os nenos e nenas dos distintos cursos lerán xunto cos máis pequenos no patio do colexio.
E a final de mes, teredes unha sorpresa por parte do alumnado de 2ºA. Espero que disfrutedes deste mes especial.
Deixovos aqui unha serie de recomendacións de libros indispensables:
-Infantil:


1º e 2º de educacion primaria:

3º e 4º educacion primaria:

5º e 6º educacion primaria:



Comentarios
Publicar un comentario