CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Bos días amig@s: 
Que tal estades? Nós estamos moi contentos porque a nosa celebración do “Día do Libro” foi fantástica.  Tivemos unha semana moi movida e con moitas actividades chulas.

Entre elas:

1.       Lectura na Biblioteca durante o recreo do Quixote da Mancha; en conmemoración do IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes.



2.       Concurso “Sombrerero Tolo” en conmemoración dos 150 anos de Alicia no País das Marabillas.



3.       Desfile cos modelos de 6º dos sombreiros elaborados polas clases.

4.       Entrega aos alumn@s de 6º do folleto “Os libros son para valentes” que escribiu Pedro Feijoo en honra ás Bibliotecas Escolares de Galicia.  Para eles fixemos unha folla informativa para coñecerlle mellor.


Ademais destas actividades temos outras que aínda se están realizando, así que máis adiante porémosvos outro post coa información…

A seguir lendo compañeir@s...


Até a próxima

Comentarios