CONECTADOS DE NOVO!!!

Olaaaa!!!.... Despois de tanto tempo volvemos de novo á carga co noso blog.  O motivo de tanto silencio foi porque estabamos re-organizándonos para poder darvos un mellor servizo.

Este curso quixemos que sexan os propios alumnos e alumnas de 5º e 6º nivel os que se encarguen de dar vida ao blog e por iso organizámonos en grupos para dar contido ao mesmo.

Así que agora toca porvos ao corrente de todas as actividades que fixemos... que o único que estaba parado era o blog, a biblioteca seguiu e segue dando os seus servizos como sempre...

Esperamos que poidan gozar desta nova etapa e que, unha vez reposto as nosas forzas, continuemos mostrándovos nosa preciosa biblioteca escolar...









Até a próxima....

Comentarios