Ola amig@s:

Tal como vos contamos nos últimos post, dende a Biblioteca fixemos unha serie de actividades para celebrar o Día do Libro... aquí deixámosvos algunhas fotos das actividades:

1. Fixemos un mural coa mensaxe: "Un libro máis un amigo é igual a Diversión" A que nos quedou bonito noso mural en "3 D"?



2. A mensaxe do noso mural converteuse nunha actividade.
Onde os alumn@s de cursos maiores léronlle un conto aos máis pekes. Foi moi divertida e pasárono en grande.



3. Outra actividade foi "Lemos de forma divertida" Nesta actividade os niñ@s que ían á Biblioteca tiñan que escoller un carta do montón e ler na forma na que se lles indicaba: como marcianos, como bebés, coma se estivesen enfadados... Foi moi divertido!


Ti tamén tes ideas para facer na Biblioteca?... Compárteas connosco!

Ata a próxima...




Comentarios