XA ESTÁN AQUÍ AS VACACIÓNS!!!!


O cole cheira a herba, sol, praia….cheira a VACACIÓNS!!!! Se.. Xa están aquí… e non vexades o movido que está o noso cole!!!

Nós desde a Biblioteca queremos desexar a todos @s nen@s e as súas familias unhas felices vacacións,  esperamos que poidan gozar da praia, os parques…en fin, que poidan repor forzas para o próximo curso escolar  :o)

Agora tócanos facer un balance do noso traballo realizado durante todo o curso e a verdade é que estamos contentos porque alcanzamos os obxectivos; sabemos que podemos alcanzar máis e iso anímanos a seguir adiante.

Quédanos seguir traballando co obxectivo de ofrecer ferramentas positivas e eficaces que propicien o ambiente adecuado e positivo no noso colexio.

 Antes de marcharnos queremos deixarvos unhas recomendacións para este verán:

J Desconectar do cole… sen esquecer que hai que seguir lendo. O verán é perfecto para isto, debaixo dunha árbore, en casa, na praia… sempre hai un lugar idóneo para ler.

J Visita con frecuencia a biblioteca do teu barrio, podes atopar as últimas novidades do verán.

J Por último, goza dos teus amigos e a túa familia, descansa e renova as forzas para entrar con moitas ganas para o próximo curso :o)


 Aquí deixámosvos unha estatística  dos libros que máis se leron durante este curso...
 
Pronto máis fotos sobre as nosas actividades... non cho perdas!!!
 
Novamente grazas a tod@s por facer posible que a biblioteca do noso cole funcione tan ben…
 

Felices Vacacións…

Comentarios