Celebramos o Día do Libro


Ola a tod@s:

Como xa sabedes, xusto despois das vacacións de Semana Santa celebramos o Día do Libro; polo que a volta a clases estivo chea de actividades  :o)
Este ano fomos á Biblioteca para escoitar unha charla sobre a comprensión lectora e nos convertemos en escritores!  Foi moi divertido porque cada un dos alumn@s recibiu dúas ilustracións e con elas tiñan que escribir un conto.  Os maiores escolleron un libro da biblioteca e sen lelo tiñan que escribir un conto baseado só no título.  Ao final, tiñan que comparar as dúas historias e ver se coincidían ou non…

 

Na entrada temos expostos algúns deles, para que cando nos veñades a visitar, poidades ler algúns deles ou todos!!
 
Igualmente traballamos os murais sobre o “Día do Libro”.  Cada un dos alumn@s expuxo por que lle gustaba ler…

 


 



Esperamos que vos guste. No cole seguimos traballando para facer da nosa biblioteca un lugar máxico e divertido…

Até a próxima…

Comentarios