TEMOS LIBROS NOVOS!

Este inverno o tempo non nos deu tregua.... temporal tras temporal...choiva tras choiva e vento tras vento... 

Non podemos ir ao parque sen saír voandooooo. Pero hai algo que si podes facer: Ler un libro! e na nosa Biblio chegaron libros novos, aquí presentámosche treS:

1.  Achís! Guía dos bos modais
     Autor: Mij Kelly e Mary McQuillan
     Editorial Edicións Elfos, S.L.
     Idade recomendada: 3-6 anos
     De que vai?


Esta é a historia de Anita Anís e do fatídico día en que fixo achís! Ao non tapar a boca ao esbirrar, deixa enchoupados aos seus amigos, os animais. Xa é hora de que alguén lle ensine a comportarse! En clave de humor, este divertido libro presenta aos nosos pequenos as primeiras normas de cortesía e comportamento.



2.   O nacemento do DRAGÓN
      Autor: Wang Fei Marie Sellier
     Editorial Kalandraka
     Idade recomendada: 6-9 anos
     De que vai?

Este libro conta a orixe dos dragóns, unha criatura mítica que está moi presente na cultura chinesa. Pescuda de onde saen os dragóns!


3.    Algo súper alucinante - A man xeada
      Autor: Chris Mould
      Editorial Pearson Alhambra
      Idade recomendada: 9-12  anos
      De que vai?

Todo parece agradable e acolledor en Crampton Rock cando Stanley Buggles volta no inverno.  Pero algo terrible respírase no ambiente. 
Que quere dicirlle desesperadamente a Stanley a pantasma do almirante Swif?
Pescúdao?



Xa sabes.... achégate á Biblioteca, búscaos na parte de Novidades e goza dun bo tempo de lectura....

Ata a próxima... 

O Vermiño Sito



Comentarios