ESTREAMOS BLOG!

Ola a todos! 

O Equipo da Biblioteca dálles a benvida ao seu novo blog: 
“A COVA DOS SOÑOS”.  
A nosa intención é poder dar a coñecer todas aquelas actividades que facemos desde a biblioteca do colexio e así todos podamos gozar do traballo dos nen@s.
De igual forma, queremos compartir cousas que cremos interesantes e importantes sobre a iniciación á lectura, os libros, etc.  
O noso desexo é que este blog sexa interactivo e que vós poidades tamén achegar cousas, deixar comentarios nas entradas para poder ensinarllas aos nen@s, co fin de que se animen a seguir facendo actividades na biblioteca e principalmente, que sigan lendo as innumerables historias que temos na nosa singular cova.
Así que ao choio! e esperamos que este blog poida ser de gran utilidade tanto para os nen@s, os pais, avós, tíos, profesores... en fin... para todo aquel que desexe mergullarse no marabilloso mundo dos libros...

O Equipo da Biblioteca

Comentarios

  1. Soy Pablo tengo 7años y me gusta mucho la mascota de la biblioteca.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario